Presentación libro

 O próximo venres 22 a nosa ex-alumna Tania Poza vai presentar ás 19:00 horas o seu libro Un desconocido na Biblioteca Municipal de Sanxenxo. Achégate a participa!!!



 

Visita de exalumnas/os

 








O pasado xoves 7 de marzo, o IES de Vilalonga organizou unha charla onde,  antigos alumnos como Iván Cores, Cecilia García e Elsa Blanco,  compartiron as súas experiencias académicas e profesionais desde que deixaron as aulas do instituto. A diversidade de percorridos académicos e profesionais dos exalumnos reflexou a versatilidade de opcións dispoñibles tras a graduación, inspirando ao noso alumnado de 2º de bacharelato a explorar os seus propios intereses e habilidades.

Día Internacional da Muller

 

O día 8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller. Trátase dunha reivindicación dos dereitos das mulleres. De todas as mulleres. O obxectivo é sensibilizar á sociedade e potenciar a igualdade real de xénero. Así, reclámase a redución das desigualdades de xénero. Neste sentido, no 8M tamén se lembra que as violencias contras as mulleres, en especial a violencia de xénero e a violencia sexual, son a expresión máis amarga das sociedades machistas, con conviccións profundamente patriarcais. (Ministerio de Igualdade)

O IES de Vilalonga participou na visibilización e reclamación dos dereitos de todas as mulleres, con tal motivo fixéronse distintas actividades:

- Lectura de parte do manifesto:


- Unha exposición organizada polas profesoras de Lingua galega: Ana Belén Vázquez Pardal e Victoria Villar Mosquera co seu alumnado de 2º de ESO. O tema elixido é "Mulleres traballadoras de aquí". Ademais de escoller, fotografar, expoñer... o alumnado fixo unha exposición oral do seu traballo.



- A profesora de Lingua e Literatura Castelá Pepa Espinosa traballou co seu alumnado da materia de oratoria. En 3º de ESO o tema elixido foi "Mulleres máis importantes da súa vida" e en 4º de ESO "A publicidade e a muller" que incluía un vídeo proxectado na pantalla da entrada do instituto.

A profesora Enza Sansone de Igualdade e inglés traballou co alumnado de valores de 3º da ESO nunha exposición sobre "Mulleres importantes da historia".


- A biblioteca tamén colaborou con reclamación de dereitos e exposición de libros de temática feminista.

- O alumnado de 1º de bacharelato gozou dunha mesa redonda con mulleres  do Concello de Sanxenxo que na actualidade traballan en distintos sectores da ciencia e a investigación.

Visita do escritor Núñez Singala

 O pasado martes 27 de febreiro, o alumnado de 3º de ESO desfrutou dunha charla co escritor Manuel Núñez Singala, autor da obra de teatro Comedia bífida, que foi lectura da segunda avaliación nese curso. O autor comentou as diferenzas do xénero dramático con outras expresións literarias e as dificultades e vantaxes de escribir un texto que nace para ser representado. Ademais, contestou preguntas da rapazada e realizou con eles unha pequena interpretación dun texto seu.





CLUB DE CIENCIAS



Nesta actividade de Química o alumnado do club de ciencias do IES de Vilalonga prepararou distintas mesturas e disolucións específicas para a visualización de reaccións de precipitación, para a súa posterior separación por métodos físicos. O alumnado do club de ciencias tamén identificou diferentes sustancias químicas e experimentou sobre as diferentes cores que mostran o arder.



Veciñas de ciencias

O alumnado de 1º de Bacharelato do IES de Vilalonga puido participar o pasado venres nunha mesa redonda composta por distintas mulleres formadas en centros educativos do concello e que na actualidade traballan nos eidos da investigación e na ciencia, explicando os seus actuais traballos, e resolvendo dúbidas sobre as traxectorias educativas para chegar aos seus postos, así como as diferentes opcións de traballo na ciencia e na investigación.

Viaxe didáctico a Roma

A semana do 28-02 ao 04-03 de 2024 levouse a cabo un viaxe didáctica a Italia. Participaron 25 alumnas/os de 2º de bacharelato C-D. Os profesores responsables desta actividade foron José Dopazo Blanco do Departamento de Latín e Grego e Mª Teresa Fidalgo Villaverde do Departamento de Xeografía e Historia. O obxectivo principal era poñer en contacto ao alumnado coas obras de arte na realidade e tratar de que comprenderan a súa importancia para explicar o pasado e o presente da humanidade. 

Visitamos Roma, situada no centro da península italiana, a súa importancia histórica é enorme, antigamente foi a capital do Imperio romano e hoxe é a capital do país. Situada na rexión do Lacio e atravesada polo río Tíber, ten unha poboación de 2.600.000 habitantes. Posúe gran cantidade de monumentos do antigo esplendor e monumentos e obras artísticas de valor incalculable.

Na zona oeste da cidade encóntrase o Vaticano, é un estado independente, centro da Igrexa Católica.



Visitamos gran cantidade de museos, catedrais, prazas, pazos, fontes... O alumnado que participou na actividade calificouna de moi positiva.





VISITA A SUIZA E ITALIA.




Un grupo de alumnado de Ciclos de Automoción e Administrativo tivo a ocasión de realizar durante a pasada semana varias visitas de grande interese formativo en Suíza (foron recibidos no concello de Xenebra polo seu alcalde e, posteriormente, realizaron visitas aos principais puntos de interese turístico da cidade, así como ás instalacións do CERN) e Italia (percorrendo Bolonia, Florencia e Milán e visitando empresas como Pagani, Ferrari ou SAME-DEUTZ-FHAR). Sen dúbida, unha grande experiencia para todos eles!

CHARLA "ORGULLO GALEGO"

O alumnado de 3º ESO recibiu unha interesante charla dun dos creadores de "Orgullo Galego", a comunidade en galego máis grande de Internet, que ten como obxectivo divulgar a nosa lingua, cultura e tradicións. Deste xeito, a rapazada puido descubrir cal é a situación do galego nas redes sociais.




Teatro en inglés


O alumnado de 2º de Bacharelato e Ciclo Medio de Xestión Administrativa realizou una
viaxe a Santiago de Compostela o martes 16 de xaneiro dende as 8:30 da mañá ata as
19:30 da tarde, organizada polo Departamento de Inglés. 83 alumnos e alumnas e 5
profesoras asistiron a una obra de teatro en inglés. I Spy, una comedia hilarante e
interactiva sobre o axente James Bond, onde algunas persoas do público puideron subir
á escenario. Despois, visitamos o Museo do Pobo Galego, onde puideron coñecer o
modo de vida e manifestacións culturais máis destacadas dos nosos devanceiros,
fundamentalmente no mundo rural e mariñeiro. Pola tarde, despois de xantar, gozaron
dun merecido tempo libre.