BOAS VACACIÓNS DE NADAL!




Biblioteca e EDL deséxanlles
BO NADAL E PRÓSPERO ANINOVO

Agradecemos ó noso profesor de plásica, Eduardo P. Baamonde, que nos agasalle unha vez máis cos seus marabillosos traballos e aproveitamos para felicitar a todos e a todas con el.

Flashmob do IES As Barxas para felicitar 2011

Tráiovos hoxe o último traballo do Equipo do IES As Barxas, trátase dun flashmob protagonizado polo alumnado para vos felicitar o aninovo.
Un flashmob consiste nunha actuación sobre a realidade na que un conxunto de persoas se poñen de acordo nun lugar e momento determinados para realizar unha acción simultánea cunha determinada finalidade ou só por pura diversión. 
No noso caso, ademais de divertirnos, pretendemos chamar a atención sobre a importancia da recuperación dun tempo propio para termos unha vida máis feliz.
Segundo a información da que dispoñemos trátase do primeiro flashmob realizado nun centro de ensino galego.
A música atopámola en Jamendo, trátase dun tema de Galdson, que non é outro que o mestre de Ortigueira Vicente Orjales.
A estupenda montaxe do vídeo realizouna Luz, a profesora de plástica.
Se che gusta, PÁSAO!

CURTAMETRAXES no auditorio E. PARDO BAZÁN



O IES de Sanxenxo convidou ó noso alumnado de 3º e 4º da ESO a visualizar curtas en galego no auditorio Emilia Pardo Bazán no día de onte.



Estas foron as curtas que se proxectaron: O PREZO DO DOTE, XINETES NA TORMENTA, A ROSA DOS VENTOS, AMELIA E AS SEREAS, TOXIC PERCEBE, MAN e CADERNO DE BITÁCORA.

CINE NO IES

Dúas novelas.  Pídeas  na  BIBLIOTECA

CINE

1º de ESO

O neno co pixama a raias, Mark Herman . Luns, 20 de decembro, 3ª/4ª h. Salón de Actos.

Dúas novelas.  Pídeas  na  BIBLIOTECAhttp://www.labutaca.net/films/62/el-nino-con-el-pijama-de-rayas.php


2º de ESO

A maldición dos foxos, Andrew Davis Mércores, 22 de decembro, 1ª/2ª h. Salón de Actos.

http://www.todocine.com/mov/00511701.htmmov/00511701.htm

Biblioteca e Normalización Lingüística



O APALPADOR



O Apalpador por Xoán G.

O Apalpador vive nas devesas do Courel
desde hai tantos anos que ninguén sabe xa
cantos ten.

Pasa o día a apañar madeira como cando era
carboeiro, aínda que agora a que procura é
doutras castes máis finas.

E no outono aproveita a viaxe
e tamén vai ás castañas.

De volta a casa, senta a carón da lareira e
escolle con moito agarimo a madeira máis
seca e de mellor calidade, saca a súa navalla
e ponse a entallar.

E así pasa un día e outro, e outro, e outro...
Pero polo Nadal deixa a
navalla e baixa a todas as casas
da Galiza cunha morea de
agasallos para repartir.

Antón e Antía arelan a
Noite do Apalpadoiro
e andan tan bulideiros que
non queren ir para a cama.

Pero saben
que se fican espertos
non han
vir os agasallos!

E, ao cabo, rematan caendo de sono.

Con agarimo
para non os
espertar, o Apalpador
aloumíñalles as barriguiñas
por ver se están mantidos.
E como os dous cearan
abondo...

...aleda e bísballes amodiño:
—Así, así esteades todo o ano!
e coa mesma,
déixalles unha
presa de castañas
na mesa de noite.

Pero os agasallos déixallelos agochados por
toda a casa, así que ao se ergueren pola mañá
terán que xogar a atopalos.

http://www.apalpador.com/


MANUEL NÚÑEZ SINGALA visitounos.





Manuel Núñez Singala visitou o noso instituto para departir co alumnado de 2º de bacharelato sobre os múltiples prexuízos que afectan á lingua galega. Contamos tamén cun presentador de excepción, o profesor e pintor Eduardo Pérez Baamonde, amigo e compañeiro desde infancia do escritor.

Os nosos escritores en CULTURGAL



Esta fin de semana en Pontevedra desenvolveuse Culturgal. Alí atopamos a moitos dos nosos escritores presentando os seus libros: Manuel Rivas, Manuel Portas e Marcos Calveiro, entre outros.

Manuel Portas e Marcos Calveiro visitarán o instituto durante o segundo trimestre para falarnos das súas obras: Denso recendo a salgado e O pintor do sombreiro de malvas, respectivamente
.

CONCERTO: Rubén Suárez. Homenaxe a M. Hernández



HOMENAXE A MIGUEL HERNÁNDEZ
“Empuñando el alma”

Rubén Suárez no IES de Vilalonga


Rubén Suárez fixo canción a Miguel Hernández no Salnés. Estremeceu os auditorios coa súa voz. Aniñou versos e músicas nos beizos dos máis novos.
No ar impreso foi deixando un arrecendo de versos. En Milonga trastornouse Vientos del pueblo.Tremor emocionado, Recoged esa voz. Apaixoado son espertou a liberdade. A noite, maxia.
¡Que non cale o cantor!

A Biblioteca
11/11/2010

“Empuñando el alma”
Miguel Hernández, Canción del esposo soldado

Rosa León, A Miguel Hernández

1ºC Manuel Méndez, El niño yuntero

1ºC Alba Fernández, Menos tu vientre

2ºC Patricia Otero, Para la libertad

1ºD Héctor Méndez, Por una senda

2ºC Daniel Crespo, Llegó con tres heridas

Rubén Suárez, Vientos del pueblo

2ºB Daniel Vidal, Recoged esta voz

2ºA Pablo Senra, Elegía segunda

2ºA Victoria García, Nanas de la cebolla
Adrián Barreiro,

2ºB Sara Arín, Aceituneros

(Recitan os poemas alumnas e alumnos de 1º e 2º de Bacharelato. Ensaian o recital a profesora Ana Blanco e o profesor Rafael Arines. Organiza a Biblioteca. Colabora Dinamización Lingüística.)

TEATRO: "Sexo? Por que non?"


O pasado 22 de outubro o alumnado de 1º de Bacharelato asistiu á representación teatral: Sexo? Por que non?

Esta obra da compañía EME2 resultou ser unha comedia reflexiva que trataba moitos tópicos e tabús sobre este tema.

CONCERTO


IES DE VILALONGA

HOMENAXE A MIGUEL HERNÁNDEZ.

POESÍA XOVES, día 11 de novembro, ás 12.30 estará con nós no Salón de Actos E a poesía de Miguel Hernández na voz do cantautor chileno Rubén Suárez. CANCIÓN

É un agasallo, froito da colaboración entre 6 centros públicos do Salnés.
Grazas a todos por facelo posíbel. Que vaia bonito!


PONTE A LER MAÑÁ

PONTE A LER, NON SEXAS DA ALDEA!
Demos entrada este días na Biblioteca a:
La evolución de Calpurnia Tate.
Marina.
A tres metros sobre el cielo...

"Se cambias de lingua, cambias de vida"

Entrevista ó escritor e profesor Séchu Sende para o documental sobre a historia da lingua galega contada polos seus falantes, que están a realizar as Candongas do Quirombo.

JOSÉ ANTONIO LABORDETA, IN MEMORIAM


AMARILLEA TODO

Y en las hermosas luces
del otoño
oigo tu voz de nuevo,
compañera,
agrietando los riscos
y los valles
para seguir andando
hacia delante
con la esperanza tenue
de las lluvias.

Amarillea todo,
hasta ese cobrizo azul que nos cobija
cuando octubre
y noviembre
se desgranan despacio por la tierra.

Amarillea todo,
hasta esos pájaros que huyen
de las primeras voces
de la niebla.

Amarillea todo,
hasta ese buen cansancio
que el camino produce
en la vereda.

Amarillea todo,
hasta ese buen cansancio
que el camino produce
en la vereda.

Y a orillas de las huertas
como mensajes póstumos del hombre
se alzan piras de humo
y de silencio.

Sobre la tarde quieta,
con los cierzos parados
al oeste,
sube desde la tierra
un vaho tranquilo
que lo emborrona todo.

Y es precisamente
en esos días
cuando más te enternezco,
tierra mía,
tierra de mil colores
a la que un día
dejaré que me abraces
y me duermas

sobre tu seno hondo
bajo el otoño dulce
que te anida

José Antonio Labordeta (1935-2010)

(Las cuatro estaciones, 1981)

http://poemacadadia.blogspot.com/
http://lasombradelmembrillo.com/VI/

"UXÍO NOVONEYRA: A VOZ HERDADA"

Magnífico cómic que nos achega a figura de Uxío Novoneyra desde a perspectiva dun lector apaixonado pola súa obra.



Da man dos debuxos de David Rubín e a través das palabras de Kike Benlloch gozamos desta visión novidosa da vida e obra do noso autor.

AS RAZÓNS DE "PROFES CO GALEGO"

Están tan ben expostas as razóns de "Profes co galego" contra o chamado decreto do plurilingüismo que, non precisan ningún comentario, con só escoitalas abonda.

UNHA HISTORIA DE AMOR


¡BENVIDA A ESTE NOVO CURSO!


Vaia para vós Esbozo de un amor a primera vista, de Erich Hackel; Laertes.


Historia de amor e compromiso de Karl e Gloria.

Voan moi alto estes dous xoves cheos de soños de liberdade e enrabexados co devir.

Tenra e poderosa emoción. Máis alá de todos os "crepúsculos".

A BIBLIOTECA

"DE AQUÍ NON PASAS"







Campaña da ONG Save the Children sobre os perigos das redes sociais para os adolescentes.


No enlace http://www.deaquinopasas.org/ achegámosvos unha serie de información moi interesante para xestionar a vosa privacidade nas redes sociais.

Para os vosos pais tamén é moi recomendable estoutro enlace:http://www.menoresenred.com/

Os medios en galego importan

 
Un país é o que fala. Galicia é o Galego. Ninguén pode matar unha lingua. Pero é moi fácil deixala morrer de inanición e abandono. Todos somos responsables de que a nosa lingua reciba a xustiza que merece e as oportunidades que se lle negaron na historia. Que haxa medios en galego importa. Resulta imprescindible para que a nosa lingua viva e medre con futuro. Apoiar ós medios en galego é axudarnos a nós mesmos e o que somos. Resulta cínico e irreal esperar que anos de intervención do mercado a favor do castelán vaian corrixirse sós. Alguén ten que facelo e ten que facelo agora.

Ningunha administración pública deste país pode declararse allea ou ausente cando pechan un tras doutro os xa poucos medios que apostaban pola nosa lingua. Ningunha administración pública pode dicir, sen faltar á verdade, que fixo todo o que podía facer, ou que non hai recursos porque estamos en crise. Demandamos do goberno que poña a vontade política e os recursos que non dubida en poñer para axudar a outros sectores ou medios que non o precisan tanto. Demandamos das administracións públicas que tomen a decisión de axudar aos medios en galego porque é xusto, porque o merecen e porque se lles debe.

Ningún lector ou espectador deste país pode tampouco declararse alleo ou ausente cando pechan un tras outro os medios que se fan na nosa lingua. Os únicos que realmente poden garantir o futuro de calquera medio son os lectores, as audiencias e os anunciantes. Algo falla nun país onde tanta xente se declara amante da súa lingua ou tantas empresas utilizan a galeguidade para posicionarse nos mercados, pero logo non hai nin lectores nin anunciantes para os medios que se fan en galego. A desaparición dos medios no noso idioma non é un problema nin unha responsabilidade da administración, é un problema e unha responsabilidade de todos. 
 
Para asinar este manifesto da iniciativa Os medios en galego importan, aquí.

Aulas en galego coa forza da lei.

presentacion

MARÍA Y YO






Esta película documental baseada no exitoso cómic de Miguel Gallardo, que nos deixa unha ollada lúcida sobre o problema do autismo, é outra das estreas que non debemos perdernos este verán.


O DIARIO VERMELLO DE CARLOTA

Vén de estrearse a adaptación cinematográfica do libro de Gemma Lienas O diario vermello de Carlota. Este libro é ademais dunha ficción para adolescentes, unha especie de manual de autoaxuda sobre os temas de sexualidade que máis lles interesan a estas idades. Unha lectura recomendable pola síntese que fai deste tipo de información máis que polo seu valor literario.

Uns pais agradecidos felicitáronme nunha ocasión por telo posto como lectura obrigatoria, daquela tamén parece servir na difícil tarefa de educar nestes temas ós nosos fillos e fillas. Neste aspecto compleméntase moi ben c´O diario vermello de Flanagan, que é a versión desta mesma relación Carlota versus Flanagan desde o punto de vista masculino.

A revolución educativa en REDES



No programa de Redes emitido o 20/6/10 analízanse os cambios ós que se enfronta o profesorado á hora de conseguir preparar o noso alumnado para a sociedade actual. O psicólogo Robert Roeser axúdanos a atopar estas novas claves nas que se move o papel de profesores e mestres.

O incrible neno come libros

Este libro de Oliver Jeffers cóntanos a historia dun neno ó que lle gustaban tanto os libros que os comía, ata que atopou maior goce na súa lectura.

Baila coa lectura



Aquí temos outro bo exemplo lipdub. Neste caso esta coreografía de danza colectiva ten como obxectivo o de promocionar a lectura de verán por parte do claustro da Sprague Elementary School (USA).

Vía Brétemas, graciñas.

LIBROS MÓBILES




No Museo Nacional de Historia Americana, en Washington DC, está desenvolvéndose durante este días e ata finais de agosto unha exposición de libros móbiles ou pop-up: Fold, Pull, Pop & Turn, organizada pola Biblioteca do Instituto Smithsoniano.

Para os que non podemos ver a mostra en vivo e en directo déixovos un vídeo que explica o proceso de creación deste tipo de libros.

2º Premio Poesía, categoría C: POESÍA ES UN ANCIANO QUE HA VISTO LA VIDA

Este é o segundo premio de poesía na categoría C do Certame Abril dos Libros Maio das Letras 2010 do IES de Vilalonga.
Autora: Míriam Sartages García

 POESÍA ES UNA PLAYA VACÍA AL ANOCHECER

La poesía es un anciano que ha visto la vida.

La poesía es un otoño de hojas caídas.

La poesía es ambigüedad en sus formas.

La poesía es la silla para esperar.

La poesía es el atrayente azahar.

La poesía es el atardecer de verano.

La poesía es un bosque dorado y encontrado.

La poesía es dulce amargura.

La poesía es un tren que no se detiene.

La poesía son las rimas becquerianas.

La poesía son nubes que cubren el cielo.

La poesía es comprensión emocional.

La poesía es una bufanda larga que cubre

De las ráfagas inclementes del viento.

2º Premio Poesía, categoría C: POESÍA ES UNA PLAYA VACÍA AL ANOCHECER

Este é o segundo premio de poesía na categoría C do Certame Abril dos Libros Maio das Letras 2010 do IES de Vilalonga.
AutorA: Laura Cacheda

 POESÍA ES UNA PLAYA VACÍA AL ANOCHECER

Poesía es una playa vacía al atardecer,
Es alguien especial que aparece cuando menos lo esperas.

Poesía es un olor a flores en primavera,
Un sabor que te trae viejos recuerdos.

Poesía es la alegría que refleja tu cara,
Es aquel sombrero que el viento quiso llevarse
Una tarde fría de invierno,
Un escalofrío.

Poesía es la lluvia que moja tu cara,
Es la caída de hojas en otoño,
Es un libro de aventuras,
Es el tren donde te imaginas viviéndolas.

Poesía es una cama deshecha
Donde descansan los sueños que no tuviste.

1º Premio Poesía, categoría C: POESÍA ES EL OLOR DE UNA ALCANTARILLA

Este é o primeiro premio de poesía na categoría C do Certame Abril dos Libros Maio das Letras 2010 do IES de Vilalonga.
Autor: Álvaro Santamaría Fandiño (4º ESO A)

 POESÍA ES EL OLOR DE UNA ALCANTARILLA

Poesía es el olor de una alcantarilla

Poesía es el sabor de una amarga papilla.

Poesía es la habitación de una casa desolada

Poesía es una mascota abandonada

Poesía es la noche solitaria.

Poesía es el miedo que te contraría.

Poesía es una triste sensación

Poesía es cuando llueve y truena a mogollón.

Poesía es un tren descalabrado

Poesía es un vestido desgarrado

Poesía es la gran tumba que hay en el salón.

Poesía es aquel libro viejo del rincón.

2º Premio Poesía, categoría B: CORES

Este é o segundo premio de poesía na categoría B do Certame Abril dos Libros Maio das Letras 2010 do IES de Vilalonga.
Autor: Xoel Salgueiro McCormack

 CORES

Azul é o mar,
Azul é o ceo
Azul é a auga que eu bebo.

Verde é a folla,
Verde é a herba,
Verde é o grilo que saltarea.

Amarelo é o sol,
Amarelo é o trigo,
Amarelo é o chaquetón co que me abrigo.

Marrón é a árbore,
Marrón é a maceta,
Marrón é a flauta coa que tararea.

Branca é a nube,
Branca é a fariña,
Branca é a folla na que escribo este poema.

Vermella é a rosa,
Vermello é o tractor,
Vermella é a chaqueta coa que tes calor.

Laranxa é a laranxa,
Laranxa é o solpor,
Laranxa é a pelota coa que marco un gol.

Negro é o carbón,
Negro é o mechero,
Negro é o día no que as notas espero.

2º Premio Poesía, categoría B: TODO É POESÍA

Este é o segundo premio de poesía na categoría B do Certame Abril dos Libros Maio das Letras 2010 do IES de Vilalonga.
Autor: (3º ESO Diversificación)

 TODO É POESÍA

Poesía es ti,
É a noite que te acubilla,
É o mar que te bica.
A auga doce é poesía.

Poesía é o tren polo val,
É a noite fundida no día,
É o son do teu corazón.
A vida é poesía.

Poesía es ti,
Poesía é a noite que te acubilla,
Poesía é o mar que te bica.
A auga doce é poesía.

Poesía é África traballando,
China rebulindo,
Europa gozando.
A xeografía é poesía.

Poesía é un doce na túa boca
É a túa mirada salgada,
É o son da túa voz.
Todo en ti é poesía.

1º Premio Poesía, categoría B: O ESPERTAR

Este é o primeiro premio de poesía na categoría B do Certame Abril dos Libros Maio das Letras 2010 do IES de Vilalonga.
Autor: Miriam García Otero (4º ESO A)

 O ESPERTAR

Cando esperto
Só quero chorar,
Paréceme inxusto
Voltar espertar.

Vestirse, lavarse
Sen ter que almorzar,
Nin froita nin zume
Nin pan para untar.

Quixera ter cartos
Poder ir a un bar,
Mercar uns donetes
Comer a fartar.

E para molar,
Roupa cara
E un coche mercar.

Poder saír de festa,
Xogar, rir, troular
E feliz sempre estar.

2º Premio Poesía, categoría A: MI CLASE

Este é o segundo premio de poesía na categoría A do Certame Abril dos Libros Maio das Letras 2010 do IES de Vilalonga.
Autor: Antón Rial García (1º ESO A)

MI CLASE

Mi clase la más singular,
Como es les voy a contar.
En el primer piso, en la primera aula,
Les cuento cómo es esta gente con maula.

Está Robertito, el gracioso,
Que estudia bastante, pero trabaja poco.

También está Víctor, el callado,
Que aunque estudia mucho, de notas ha bajado.

Alejandro es un fan de Fhineas y Ferb,
Pero que apruebe todas, eso está por ver.

David Güimil es un trabajador,
Ya que todas las materias adora con ardor.

Cayetano es un artista, dibuja mejor que Van Gogh,
Aún así en Matemáticas, de notas él bajó.

La tutora de nuestro curso se llama Isabel,
Y es tan bella y aguda como un cascabel.

Espero que esta poesía les haya gustado,
Ya que a mí y a mis compañeros nos ha encantado.

2º Premio Relato, categoría B: ZIP

Este é o segundo premio de relato curto na categoría B do Certame Abril dos Libros Maio das Letras 2010 do IES de Vilalonga.
Autora: Sarai Gondar Domínguez (3º ESO A)


ZIP

Un sorriso pode destrozar tantas vidas. Aquel sorriso que unha vez me tivo cautivo, aquel mirar que algunha vez fíxome sentir o calor que desprenden os teus ollos. As mans que un día lentamente acariciaban as miñas costas, cando o sol brillaba sobre as nosas cabezas.

Como resumir todo o que nós vivimos nunha única liña? Sería imposible! E agora disme que o esqueza, que o noso é imposible. Mintes! Iso é o que ti queres facerme crer. Como esquecerme de todo? Como o fixeches? Non mo creo.

Iso foi o último que escribín no meu caderno antes de tomarme o “Zip”, unha substancia que aínda non sei moi ben o que é. A quen escribía? Iso non o escribín eu? Non o entendo. Sería esa a razón pola cal a tomaría? E se o fose sería mellor non recordarse?

Mmm! Hoxe apetéceme algo distinto. Para variar, hoxe quero ir descubrir novos lugares. Pero a intriga mátame. Que pasaría para que eu cometese iso? Será mellor deixar de facerme preguntas sen resposta.

Collín a miña mochila e funme xogar ao fútbol cuns amigos. Despois dun bo anaco, acercóuseme unha rapaza moi bonita que parecía como se me coñecese, pero eu non a recordaba. Chamábase Verónica, era un bonito nome que facía xogo con ela. Sorriume e quedamos un momento falando. Miroume, mireina e bicámonos. Desde ese día levamos cinco meses saíndo, agora dime que se vai con outro. Certamente non sei que facer, pódeme a ira e a escuridade vai apoderándose pouco a pouco do meu
corazón.

Teño un dilema moral, que facer? Sufrilo como faría calquera outra persoa ou mellor tomarme o “Zip” e esquecerme dela? Un minuto, e se fose ela quen me dixo esas palabras antes de tomarme por primeira vez o “Zip”? non sei que facer, consultareino coa almofada e mañá tomarei unha decisión.

2º Premio Relato, categoría B: A HISTORIA DO VELLO DO RÍO

Este é o segundo premio de relato curto na categoría B do Certame Abril dos Libros Maio das Letras 2010 do IES de Vilalonga.
Autor: J. Carlos Rodríguez Meis (3º ESO C)

A HISTORIA DO VELLO DO RÍO

Alá abaixo, pola chaira sempre ía o río, tranquilo, fresco, estomballado coma un home na sesta. Eu podía pasar horas e horas mirando para el e sempre o facía porque pasa moi preto da miña casa. É un río normalmente tranquilo e caudaloso, con moita vexetación ao redor. Pero cando chove convértese nun río torrencial e debastador, coas augas cheas de lodo.
Aquel día, aproveitando que estaba bo tempo, fun pescar, aínda que non é un río con moitos peixes. Collín a cana, meu gallapán, o meu sombreiro e a miña troiteira para poñer rumbo ao río. Cando cheguei había un vello pescando e púnxenme á súa beira. De repente o vello marchou. Eu seguín pescando. Ese día non vin nin a primeira troita! Entón collín a cana, pregueina outra vez e, cando ía marchar, volveu o vello de antes e díxome:
- Neste río non vas pescar nada. Fun mirar alá arriba e están a construír unha presa.
Eu exclamei:
- Unha presa! Como non me dera conta antes? E que a xente non o ía impedir? Eu estaba confuso.
Agora xa pasaron vinte anos desta historia. Ao final fomos protestar aquel vello máis eu. A el golpeárono tanto cunha grúa que lle causaron a morte, pero pararon as obras.
Escribo esta historia no seu honor. Cada ano lévolle, ao lugar onde faleceu, un ramo de flores e un cartel que pon:
Fóra as presas dos ríos!

1º Premio Relato, categoría B: ALGO INSÓLITO

Este é o primeiro premio de relato curto na categoría B do Certame Abril dos Libros Maio das Letras 2010 do IES de Vilalonga.
Autora: Patricia Pérez Domínguez (3º ESO C)

ALGO INSÓLITO

Eu estaba alí, pechada naquel galiñeiro fedorento.
Respiraba entrecortadamente apoiada na columna de madeira. Estaba esgotada. Agudicei o oído e mantívenme á espera mentres os latexos do meu corazón martilleaban nos meus oídos. Fóra semellaba estar todo en calma.

Maldito sexa o día no que se me ocorrera visitar a base militar deshabitada, pensei. Os recordos acudíronme en tropel e non tiven máis remedio que aceptalos.
Vaites! Si que era grande o enreixado da base militar. Por que razón o 2º enreixado estaba electrificado? Tamén dicían ás veces que os gardas civís subían ata alí. Para que? Mentres me preguntaba todo isto, fora adentrándome na maleza, preto da entrada principal. Un letreiro na cancela poñía: “BASE MILITAR. PROHIBIDO O PASO”. A única maneira de acceder era por alí e eu sabía que só tiña unha oportunidade de esquivar os gardas.

Grazas a escuridade da noite podería entrar sen ser vista. Non o pensei máis. Funme cara a cancela e coleime dentro rapidamente. Seguindo unha corazoada, paseei polos corredores. Por todo o chan había papeis. Algúns de 1899, e mesmo de 2005? Non podía ser! A base levaba pechada desde o ano 2000. Ao levantar a mirada do papel observei, con gran asombro, un panel eléctrico táctil. Acerqueime e comprobei que a última revisión que se pasara era de 2009. Este ano! Deus! Era certo. A base seguía aberta e non obstante queríannos facer crer que non.

De socato oín un ruido detrás de min. Era a porta metálica do panel electrónico. Militares armados e o que parecía un home morto, presentáronseme diante dos meus ollos. Botei a correr e uns disparos pasáronme rozando. Corrín ata chegar a unha granxa. Metinme dentro e pechei a porta
con chave. Intentei tranquilizarme. Xa non oía nada fóra. Estaría a salvo?

A porta abriuse e un forte estoupido oíuse en todo o lugar. Notei a presión da bala no meu estómago. Ía morrer por unha tontería. O último que sentín foron uns dedos no meu pescozo e un susurro que me dicía: “Síntoo. Son ordes. Máis che valía non ter entrado na base”.

Certame literario Abril dos Libros e Maio das Letras: PREMIOS RELATO CURTO

Certame literario Abril dos Libros e Maio das Letras: PREMIOS POESÍA

Azur e Asmar

Actividade multidisciplinar:
AZUR E ASMAR

CINE / ANIMACIÓN / OUTRAS LINGUAS / OUTROS MUNDOS / OUTRAS CULTURAS…
CABEMOS TODOS!
Do Congreso sobre Plurilingüismo na
escola.Ensino de segundas linguas en contextos académicos, que organizaron as profesoras de Lingua Española na Facultade de Filoloxía de Santiago, en xullo, tomamos prestado un apunte para un concurso lúdico sobre a película, do director francés Michel Ocelot, Azur e Asmar. Pasámosllo aos profesores de  Ciencias Sociais, que a utilizaron como portal de introdución a cultura árabe. O último día de clase (1º trimestre) proxectouse para todo o 1º ciclo de ESO en dúas sesións. Os alumnos de 1º recibiron antes do pase da película a ficha de concurso que lles daba dereito a premio se tiñan bastantes acertos. Foi divertido, viaxaron con soltura, adubaron con especies, acertaron moitas, xogaron coas linguas, fixeron tradución simultánea e empregaron a sinonimia se se despistaba a memoria.

                        FORON MOI SABIOS!  

Moi ben polo traballo dos profesores!

A PELÍCULA DA SEMANA                           

Azur & Asmar  

FICHA TÉCNICA:

Dirección y guión: Michel Ocelot.
Países:
Francia, Bélgica, Italia y España.
Año: 2006.
Duración: 99 min.
XÉNERO: Animación.
PRODUCIÓN: Christophe Rossignon.
MÚSICA: Gabriel Yared.
FOTOGRAFÍA:
Kyle Badla.
MONTAXE: Michèle Peju.
DECORADOS: Anne-Lise Lourdelet.
ESTREA EN FRANCIA: 25 Octubre 2006.
ESTREA EN ESPAÑA: 16 Marzo 2007