DOCUMENTAL: "Señora de" de Patricia Ferreira





Señora de é un documental no que se nos achegan unha mostra de testemuños de varias xeracións de mulleres, non tan afastadas de nós, ás que non se lles permitiu decidir a súa vida.

Son testemuños variados e que amosan unha diversidade de clases sociais con diferentes tipos de educación. Hai nel mulleres da cidade, do rural, do mar, con formación académica e sen ela, que se enfrontan con valentía ás súas lembranzas e vivencias, para falarnos de distintas condutas sociais que elas viviron e que hoxe resultarían totalmente intolerables. Son, en definitiva, testemuñas vivas do noso pasado recente.

Este é un documental de Patricia Ferreira.

Ningún comentario:

Publicar un comentario