ACRÓSTICOS E OUTROS VERSOS




CREACIÓN DO ALUMNADO DE ESO E BACHARELATO IES DE VILALONGA



(Traballo en colaboración coa Biblioteca do IES Sanxenxo á que tanto amamos)



Soy aquella de cabellos claros



Ojos marrones tirando a claros y



Fuertes, pero suaves manos.



Inesperada en ocasiones



Aunque práctica en las peores situaciones.



Feliz como un pájaro, que entre las nubes vuela



Rozando con sus suaves alas la



Noche en vela.



Antes era insegura, pequeña,



Nostálgica incluso con el paso de un



Día lleno de tiernas



Emociones pasajeras.



Zanjar asuntos era sencillo, y



Flotar en el cielo



Una cuestión de pedirlo.



Entonces no sabía, que en la vida,



No todo era paz y armonía.



Tenía que abrir los ojos y



entender de una vez, que



soy y siempre seré aquella de cabellos largos.











Pienso mucho,



A veces demasiado.



Temo olvidarlo todo,



Revivir el dolor.



Intranquila me siento.



Cuentista soy.



Incluso la felicidad me



Asusta.





Pequeña me siento



En este mundo.



Rendirme no puedo,



Estoy atrapada.



Zafarme no espero.





Dueña de mí misma,



Olvido la realidad.



Me siento inútil.



Incapacitada no estoy.



Niego mi existencia



guiada por un sueño



usurpo la verdad.



Estoy encarcelada.



Zarandeo continuo.













Mientras estudio aprendo



O ese es el objetivo



Nunca pienso ya que razonando



Increíbles cosas adivino



Cosas que ni estudiando



Aciertas, es algo instintivo.





Ámbitos tranquilos sigo frecuentando



Los veranos me siguen gustando



Ante todo busco



Realajarme así sea trabajando



Espero trabajar y de mayor



Zanganear pero no abusando.











Caminndo por la estepa



Estaba yo andando



Sobre la blanda tierra



Abrasada por las llamas



Rocas por temblores deshechas



Hechas añicos reducidas a polvo



Soplando fuerte el viento lleva



Tan alto que en el cielo



Entre nubes blancas espera



Volando hacia el monte



En donde siempre suenan



Zumbidos de pequeñas abejas













Palabras que significan algo



A min quérenme describir



Tamén debo dicir,



Resultará bastante complicado.





Ira sinto cando me enfado,



Curiosidade por aprender,



Inqueda se non sei que facer,



Alegría en canto me levanto.





Felicidade gústame sentir



Ó estar coa miña xente



Ninguén consigue que me contente



Tanto como cando me fan rir.





Aquí remata esta descrición,



Non sei canto ten de ficción











De cabelo longo e loiro,



Interesante á hora de darse a coñecer,



Elegante nas súas maneiras,



Grazoso ao estar cos amigos e



Obediente coas persoas maiores.





Fanático dos deportes,



Especialmente do fútbol.



Riguroso nas accións arbitrais, pero



Nobre cos compañeiros e cos rivais.



Atractivo para as raparigas, inda que



Non para todas.¡Claro está!



Despaciño vou,



Escribindo este acróstico e



Zigzagueando as letras máis complicadas.





Fago cousas



E logo arrepíntome, pero sei



Recoñecer cando erro.



Non son nada tímido,



Aínda que un pouco reservado coas persoas que



Non coñezo. Polo



Demais, son un bo rapaz que



Está andando e



Zarandeándose pola corda de 1º de Bacharelato.











Verónica chámome,



Estudiosa son,



Rideira sempre estou,



Optimista intento ser



Nervosa póñome.



Inxenua parezo.



Calada? Nunca falo.



Atenta coa xente.





Seria nunca estou,



Un pouco aloucada.



Enérxica sempre fun,



Intelixente son.



Rústica sempre serei.



Ondulado teño o cabelo





Negro non, non o teño.



Uns ollos azuis ceo



Ñ!



Entusiasmada pola vida



Zurda non son, diestra si.



Sabedes xa quen son eu











Adoro el verano e ir a la playa



Me encanta la brisa del mar cuando



Azota mi cara



Nado entre las olas



Del mar



A pesar del incierto horizonte.





Casi puedo saborear el



Amargo caer de las hojas que



Sigilosas son empujadas por el viento y suponen el



Adiós a mi sueño forjado durante el



Largo y ya pasado verano.











Aunque busco esa salida



No encuentro el camino que me lleve



A algún lugar lejos de todo, del



Bachillerato largo y duro, del



Estrés de todo un curso y de las



Lágrimas derramadas por la impotencia.





Alguien me dice que puedo, pero



Luego se ve interrumpido el soñado



Viaje hacia un futuro brillante.



Alguien me dice que puedo, pero se



Repite el pensamiento negativo, la



Esperanza yace en ningún sitio, en una



Zona de mi interior que no conozco.











Nuria é o meu nome



Universitaria, o meu futuro



Rencorosa, un defecto



Intelixente, unha virtude



Así son eu, Nuria.





Riseiro é omeu carácter



Escuros, os meus ollos



Daniel, o meu primo



Rodríguez, o noso apelido



Ir ao cine, a miña afección



Gústame ir de compras



Uterque,a miña tenda



España, a mellor selección de fútbol



Zapatos (os)? Son a miña debilidade.





Perguiceira no sofá



Inconstante ás veces



Ñu chámanme



Estudosa cando mo propoño



Interesante a miña personalidade



Rosa a miña cor preferida



O verán a estación que máis me gusta.











Son unha rapaza



Alegre e con graza



Río todo o día.



Ás veces intelixente



Ideal dime a xente.





Doce e serea



Orgullosa de min mesma



Penso coma unha nena,



Atenta, feliz e fría



Zurda e con apatía.



Odio e poesía











Amable son,



Louca estou,



Bailando todo o día



A miña forma de vida.





Facendo esta poesía,



Dígovos a miña filosofía:



“Estar feliz e sorrindo



Zapateada en calquera sitio











Longos cabelos negros, con



Ondas suaves nas súas puntas



Revoltos sempre polo vento,



Enredados sobre os ombreiros.



Na miña cara hai algunhas pencas,



Adornando as miñas fazulas,





Debaixo dos meus ollos verdes.



O meu carácter é difícil,





Ás veces imposible



Mais se quero podo ser



A rapaza máis boa do mundo.



Resumindo, eu son unha



Adolescente de dezaseis anos



Leda de ser como son.











Son unha rapaza morena, e



Ao carón do mar non vivo.



Moitas amigas teño.



Aínda que algunhas son mellores ca outras.



Nunca as olvidarei.



Tímida eu son, aínda que



Hai veces que non o parece.



Agora a fecer un acróstico estou.





Debuxar é a miña afección.



Italia gustaríame visitar.



Ao fútbol gústame xogar.



Zafo de que non me queiran fichar.





Dando pinchos eu estou,



Un día si e outro non.



Rindo a gargalladas estou



Aínda que



Non sempre contenta vou.











Lonxe do mar non vivo



Uvas preto de min hai



Celebro cada mañá que sae o sol.



Istoprovócame un sorriso.



Alí onde vou sempre estou rindo.





Onte un partido fun xogar



Todo mundo me veu a animar



Esperaba un gol marcar



Rindo a gargalladas o había de celebrar



Onte pasei un día xenial.





Teño os ollos verdes coma un prado



Os meus cabelos lisos



Rodean a miña cara



Resplandecen de alegría



E se me teño que resumir nunha oración:



Sempre estou rindo, non me vai o de chorar











Alba eu son



Leas eu non monto



Ben a gusto en Vilalonga estou



Amigos teño.





Gústame debuxar



Andar en bicicleta tamén



Nadar é unha afección



Durmiñeira non son



Afeccionada ós libros si



Raro que non sexan fantásticos.



A rir non ando moito.





Moi tímida eu son



A miña pel é branca



Roldo o 1´60 m. de altura



Teño o cabelo escuro



Incribles ollos grandes.



Neles mestúranse dúas cores,



En principio verde e logo marrón.



Zafo de que non teñan máis ou serían multicolor.











Dou pasos para chegar ao ceo



Ando amodo para non equivocarme



Vou pensando naquela persoa



Invade a miña mente revolta



Dándome esperanzas toda a vida





Guerra e batallas na miña cabeza



Unha e outra vez pensando en ti.



Ilusión dásme todos os días.



Mares de palabras gustaríame amosarche.



Invádesme coas túas miradas



Linda bolboreta miña.





Ven conmigo meu amor.



Achégate ao meu lado rapidiño



Zancadas dou achegádome xunta túa.



Quen es linbda princesa?



Ulo teu perfume de rosas.



Esquézome de todo o que pensaba



Zas!, faime todo o corpo.





Cando me levanto desexo verte.



Aférrome á almofada pensando que es ti.



Rompo a chorar da alegría.



Renazo,outra vez volvo á vida.



Os recordos céganme.











. Irrealista,



No soy lo que tú esperas.



Épocas pasadas busco.



Soy un espíritu



Condenado a la eternidad,



Atrapado en este mundo.



Mi alma espera



Impaciente el fin.



¡Ñoñerías!, piensas.



Acaso, ¿me engaño?



¡Para qué fingir!



Abandonado estoy,



Dios me cerró las puertas.



Ídolos no procuro,



No me darán la paz.











Jamón como todos los días



¡Oh, qué bien sabe recién cortado!



Será porque lo compro en el Día



Este es el mejor que jamás haya probado.





Cuando lo corto me lleno de Alegría



Aunque también me gusta guisado



¡Rodaballo con jamón de Almería!



Lo mejor es comerlo de un bocado



O cortado en cuadros



Solo de pensarlo, deseo que llegue el medio día.





Recuerdo, que el año pasado,



Olía a jamón en toda mi villa.



Desde aquel día afortunado,



Rodeado por cochinillos asados,



Intuí que el jamón mi vida había cambiado.



Girando alrededor del Jamón



Un día se lo dejo a un rumano.



¡Engañado! ¡Malditos bastardos!



¡Zorro! ¡Me lo ha robado!





Me voy a mi casa desolado.



Estuve llorando un año,



Inventando una manera de recuperarlo.



¡Si muero, lo haré intentándolo!











Sorriso doce, pícara e inconfundible,



Orgullosa, ás veces irónica.



Fonte de alegría incontrolable.



Impulsiva, ás veces romántica.



Alma curiosa e afable.





Temperamento corre polas miñas veas,



Oleaxe de pensamentos infindos,



Raio de luz que apague as miñas penas,



Radiante ilusión desprenden os meus suspiros,



Soños en esencia que non caen no olvido.





Fríos resplandores



Escenas amargas



Recordos concretos



Non podo esquecelos.



Alentos xélidos



Negacións afirmadas.



Días pasados



Estrelas escintilantes



Zafiros no ceo









ADOLESCENCIA





Laio de xuventude no rostro,



Amencer de novas sensacións;



Unánime impulso tolo



Replicando á razón.



Adolescente viveza,



Fervor dos desexos.



Recendo de vida na alma,



Enmarcado goce,



Inconscientes actos.



Guía de primeiros errores,



Estraña cabeza,



Incomprensibles ansias de soñar...



Riqueza envexada por



Outras que a deixaron atrás.



Graza da inocencia perdida,



Onde antes habitaba.



Nó de impaciencia na gorxa,



Zurdo sentido de nacermos



Ante a ollada ó mundo.



Loucura convertida en



Enredo de cada segundo.



Zunida felicidade pasaxeira.























Novos premios para a ciencia no IES de Vilalonga


“FEIRA DE CIENCIAS”

PREMIOS

Alumnado do IES de Vilalonga premiado na “FEIRA DE CIENCIAS” organizada polo Departamento de Física e Química e que contou co apoio da Biblioteca.


Premios á mellor calidade científica e técnica concedidos pola Biblioteca:

1º PREMIO, dotado con 80 €, “Tren magnético” / 4º de ESO-A:

FÁTIMA VIÑAS CASTRO

MÓNICA ÁLVAREZ GORDO

2º PREMIO, dotado con 60 €, “Pila con limóns” / 3º ESO-B:

MARCOS BOUZADA BOUZADA

JESÚS LEIRO LORENZO

ACCÉSIT, dotado cun lote de libros, “Biografía de Edwin Hubble” / 1º BACHARELATO-C: á mellor biografía de científico:

ALEJANDRO PRIETO VIDAL


“FEIRA DE CIENCIAS”

PREMIOS

Premios á mellor calidade científica e técnica concedidos polo Departamento de Física e Química:

3º PREMIO, dotado con 50 €, “Freos eléctricos” / 4º ESO-B (DC):

JOSÉ CARLOS RODRÍGUEZ MEIS

BERNABÉ VARELA FARO

PREMIO DO XURADO á xove promesa (participación voluntaria), dotado con 50 €, “Cama de cravos” / 2º ESO-A:

SANTIAGO GARCÍA VILLAR

MARCOS SOUTULLO GONZÁLEZ

PREMIO FAVORITO DO PÚBLICO, dotado con 75 €,

Canón magnético” / 3º ESO-A:

IVÁN ABALDE MORAÑA

ÁLVARO TORRES BARBEITO

ADRIÁN ROSAL PADÍN


Coñecémonos?



Protección de menores en redes sociais e chats.

COMUNICADO DA RAG ante a desaparición de GALICIA HOXE

O peche de medios de comunicación, un empobrecemento colectivo

A Coruña, 30 de xuño de 2011

Perante o peche de Galicia Hoxe, xornal de información xeral, escrito na súa integridade no idioma galego, a Real Academia Galega considérase na obriga de expor ante a opinión pública e as institucións de Galicia unha chamada de inquietude, alerta e responsabilidade:

1. O devandito peche de Galicia Hoxe non é un feito illado, senón que vén precedido da desaparición doutros medios do espazo de comunicación en galego, sinaladamente o xornal dixital Vieiros e as revistas A Peneira e A Nosa Terra, de información xeral. Todos eles, algúns dos poucos e principais vimbios que termaban dun espazo de comunicación na lingua propia de Galicia.

2. Estamos, pois, ante algo máis que un síntoma preocupante ou que un "dano colateral" producido como efecto da crise económica. A concorrencia de peches ten a dimensión dun devalo brutal, dunha catástrofe no espazo da comunicación, que afecta á supervivencia e espallamento do idioma de Galicia, que limita a imprescindíbel pluralidade nunha sociedade democrática, que supón unha perda empresarial e empobrece e pon en precario, aínda máis, a situación dos profesionais e traballadores no eido xornalístico.

3. Os bens e medios de comunicación son un elemento basilar no uso público dunha lingua e a historia da normalización do galego a través dos xornais ofrécenos unha cartografía na que nos situar no mundo. Porque os medios de comunicación son un baremo decisivo para medir o estado xeral dunha sociedade, do seu apagamento ou da saída á luz. Cando un xornal se silencia, cando son varios os que se acalan, é a sociedade e o país enteiro o que pode ficar ermo, sumido nun foxo histórico anacrónico, sen pulso de liberdade.

4. As institucións públicas, e nomeadamente o Goberno galego, non poden quedar pasivas ante este devalo, que ten tan graves consecuencias en todos os eidos, no futuro lingüístico e cultural, mais tamén no social, empresarial e dos dereitos democráticos. O Goberno galego, co resto das institucións políticas, non pode adiar máis as súas responsabilidades. Ten que desenvolver e regular de xeito transparente as obrigas que se derivan do Estatuto de Autonomía, da Lei de Normalización Lingüística e do Plan xeral de normalización da lingua galega, que declara explicitamente como un dos seus obxectivos o de iniciar un proceso de incremento anual e constante do uso do galego nos medios de comunicación públicos e privados que supere a actual situación de marxinación e de confinamento no eido cultural. As prestacións, a publicidade, as subscricións, e outros recursos públicos, deben distribuírse con rigor e xustiza, de xeito claro e con supervisión de organismos independentes, tendo en conta sempre, como un valor engadido, o apoio ao uso do idioma galego. Por ser unha esixencia legal democrática, ao estar nunha desigualdade de condicións históricas.

5. A RAG, tal como fixo no 2001, co texto "Propostas da Real Academia Galega ao Goberno e mais ao Parlamento de Galicia", elaborará un novo informe que afonde nas causas e posíbeis solucións ante o devalo do espazo da comunicación en Galicia.

"A santa paciencia dos mestres"

A santa paciencia dos mestres de Galicia
MANUEL RIVAS 01/07/2011 EL PAÍS



Estamos de paso nunha casa de comidas dunha vila galega. É a hora de xantar. Hai un televisor ao fondo, moderno, de plasma, o que lle dá á sala de comedor un xeito de cinema comentado. Todo transcorre nunha atmosfera de tranquilidade, aínda que as máis das noticias sexan inquietantes e indixestas. Mais xa estamos afeitos a esgazar as dúas funcións, de tal xeito que podemos compatibilizar o pracer no padal co abraio mental. Nas diferentes mesas, os clientes comen en silencio ou falan do seu. De súpeto, todo cambia. A noticia en televisión dunha protesta do profesorado galego contra o incremento de horario lectivo, as imaxes dunha manifestación multitudinaria dos mestres, provoca os comentarios en voz alta e alporizados de varios comensais.

O que está a pasar en Galicia é algo insólito: encirrar a poboación contra os mestres
-Non queren traballar, eses langráns!

-Aínda han de pedir máis vacacións!

-A eses púñaos eu a cavar gabias!

A maioría, hai que dicilo, cala. Seguramente pensan outra cousa, mais calan. Seguramente é a actitude máis intelixente, pois os outros están no transo de bourear, de exercer o poder decibélico. Así que nese intre o discurso dominante na sala era o da reprobación e condena dos mestres. Non só iso. O desprezo cara á xente que traballa no ensino. Non un desprezo calquera, senón un desprezo rancoroso, emitido polo son que produce a maquinaria do odio. Ademais de atragoárseme os berberechos, penso que hai días en que seria mellor saír da casa cuns algodóns encerados nos oídos.

Os manifestantes levan a figura cómica dun cabezudo. Ten certa semellanza co conselleiro de Educación. Esa imaxe, tamén na distancia, desdramatiza o ambiente. É o que ten a sátira. Que actúa de catarse. O certo é que as voces feroches amansaron, e entón oíuse unha que pairou livián na cargada atmosfera.

-Teñen o seu mérito, que terman dos rapaces!

Ao que seguiu outra un pouco máis punzante, retranqueira.

-Cando non dos pais, que son peores!

A min gustaríame engadir algo:

-Termar terman de todo!

Pero calei. Por covardía. Polos berberechos atragoados.

O meu proceso mental foi o contrario ao dos cabreados cos mestres, que logo foron recuando. Eu anoxeime despois. Cando xa pasara a regueifa e morrera o conto. Teño esa rareza. Que me alporizo cando estou só. Adoita pasarme o que os franceses chaman l'esprit de l'escalier [o espírito da escaleira]. Que me lembro máis tarde, a deshora, do que debería ter dito. E entón falo só. Polemizo comigo. Vou á procura do espírito da escaleira. Escribo un artigo coma este. A dúas voces. A da perplexidade e a carraxe.

Fun criado no respecto ao mestre. Se cadra coñecín mestres, persoas concretas, que non merecían ese respecto, mais toda a humanidade que me arrodeaba, meus pais, meus veciños, todos me transmitiron o respecto á muller ou home que daban escola. Non era un respecto dócil. O respecto é diferente do servilismo, da docilidade. En realidade, o que a min me transmitían era o respecto poño coñecemento, pola aprendizaxe, pola curiosidade de pescudar no descoñecido, de avanzar contra a ignorancia. Era un respecto que atravesaba os tempos, as xeracións. No fondo, unha herdanza republicana. Porque o pobo sempre intuíu que o coñecemento, e o libre pensar, era a verdadeira conquista do pan.

O que está a pasar hoxe en Galicia é algo insólito. Un despropósito que supera o impensábel nunha democracia. Nin remontándose ao país imaxinario de Sopa de ganso, o filme dos irmáns Marx, encontraríamos algo semellante relativo á educación. O de encirrar a poboación contra os mestres. Contra o profesorado. O dar pábulo e amplificar falsidades, dando a entender que os ensinantes son unha especie de estamento privilexiado, nugalláns que non dan un pau a auga, ou tratándoos como unha xunta de bois preguiceiros aos que cómpre aguilloar con medidas penitenciais.

Pero, que absurdo é este dunha Administración que en lugar de afortalar o ensino, o espazo basilar do futuro, o que fornece é o descrédito dos ensinantes?

Os ensinantes viron recortados os seus soldos. Uns salarios que xa son moi inferiores aos da media europea. Os centros de ensino público en Galicia veñen sufrindo unha continua poda orzamentaria, de tal maneira que grande parte das moitas actividades extras que se desenvolven son por mor do voluntarismo e o esforzo non retribuído do persoal da ensinanza. As bibliotecas escolares deberían ser o corazón dos centros. Pois ben. Coñezo bibliotecas e clubs de lectura moi activos que só existen grazas aos mestres que os fan posíbeis cun traballo nunca contabilizado.

Falando de contar horas, o bo mestre, que son os máis, traballa todo o día. Cando non a noite. Quen coñeza ese mester de ensinar sabe da entrega que require en horas de formación, de preparación de clases, de corrección de traballos e probas, de atención persoal a estudantes con problemas. O incremento de horario lectivo que está a provocar as protestas no ensino foi unha medida de corte disciplinario, unilateral. Fora cal fose a intención, os responsábeis semellan ignorar que os recortes salariais non poden ir agravados por un clima impositivo, arbitrario, sen pontes de diálogo e negociación. A auctoritas é algo que os demais conceden polo valor de quen a merece. Non se impón co cimbrar da vara de mando.

O espazo do ensino é o espazo do diálogo. Da palabra. Do pensamento. O berce da liberdade. Mais construír ese espazo esixe sutileza, grandes depósitos de esperanza e unhas condicións de confianza básica. É un traballo delicadísimo. De primeira liña de risco. E de enorme paciencia. O bo mestre ten de ser, dalgún xeito, da madeira de Kevin, aquel santo irlandés que estando en Glendalough, un lugar montañoso do condado de Wicklow, estricou os seus brazos para erguer unha pregaria ao Ceo, e entón apareceu un merlo e pousou nel. Nun dos brazos. E ao merlo aquela póla pareceulle boa e chamou pola merla e decidiron construír alí o niño. Puxeron os ovos, medraron as crías, e un día botaron a voar. E só entón, só nese intre, san Kevin baixou o brazo.

Os gobernantes pasan. Hainos que deixan semente. E hainos que deixan un ronsel de fume. Dos peores fumes, o fume que procede da síndrome de burn-out. Dos ensinantes queimados.