FELICES E VENTUROSAS FESTAS

 Canción de nadal africana:  "Hurray Hurray"

Un ano máis, con esta árbore musical feita coa colaboración dos departamentos de administrativo, matemáticas, alumnado de plástica de 3º de ESO, alumnado de francés de 1º de ESO, alumnado de galego de 2º de ESO e Club de lectura e coa achega que nos brindou a escolma poética do IES San Paio, que nos facilitou o traballo para unhas tarxetas poéticas "moi matemáticas", desexámosvos unhas 

FELICES E PRÓSPERAS FESTASSAÚDE E PAN!

CINE POLOS DEREITOS HUMANOS




O martes 16 de decembro e o mércores 18, organizado pola Biblioteca en colaboración co departamento de Filosofía, organizamos tres megasesións cinematográficas: "Quero ser como Beckham" para 1º e 2º de ESO, "A bicicleta verde" para 3º e 4º de ESO, "A verdade oculta" para 1º e 2º de BACHARELATO. O obxectivo, a parte de disfrutar de cine de calidade, foi reivindicar os dereitos humanos, especialmente os da muller, deste xeito rendemos a nosa homenaxe ós Dereitos humanos e en particular, ós das mulleres. As sesións foron un éxito.


GUÍAS DE CINE E LECTURA

Un Nadal máis, presentámosvos aquí un feixe de suxestións para pasar unhas vacacións ben acompañados dun libro, dunha película ou dun cómic... Dende a Biblioteca desexamos que as vacacións veñan acompañadas de saúde, paz, harmonía e pan para todos. 
 VÉMONOS NO 2015

"GATUXO"

Moi fermoso libro-disco para "BeBés" e  maiores
con  Magín Blanco, Raquel Queizás, María Faltri e Jorge Juncal (folmúsica), presentado no CULTURGAL (Feira das industrias culturais), en Pontevedra 2014

   
Rb.

Enredando versos en SALAMANCA

Barrio do Oeste. Salamanca 2014. Alumnado dos centros de Vilalonga e Tui.

O 13, 14 e 15 de novembro viaxamos a Salamanca co alumnado de 3º e 4º de diversificación e o club de lectura de 3º de ESO. Nesta actividade do grupo ENREDANDO VERSOS tamén participaban outros cinco centros de Pontevedra: IES de Sanxenxo, IES de Poio, Porriño e Tui e un centro de Portugal: Macedo dos Cavaleiros.
 

Alumnado de Vilalonga pintando no Barrio do Oeste
O primeiro día paramos en Zamora a comer. Xa en Salamanca visitamos a librería Hydria e á noite realizamos un recital da man do poeta Raúl Vacas e o cantautor, Fernando Maés.
Exemplo de Urban Knitting.

Os seguintes días visitamos a biblioteca municipal G. Torrente Ballester e realizamos un obradoiro poético con Raúl Vacas e unha charla ornitolóxica con José Luis Moreno "Pájaros en la cabeza". 

Fixemos un roteiro guiado por Salamanca e visitamos o Museo de Arte Contemporáneo. Pero, sen lugar a dúbidas, o que máis lle gustou ó noso alumnado foi a visita ó Barrio do Oeste en Salamanca, onde puidemos gozar da súa arte urbana  pola rúa. Alí quedou a nosa pegada como podedes comprobar  na foto. Puidemos tamén contemplar as numerosas invervencións urbanas de urban knitting e déronos a coñecer de cerca o seu intenso labor da súa asociación veciñal,   Zoes. (Trátase non só de embelecer o barrio, senón tamén de dinamizalo con actividades culturais e deportivas.)

De volta á casa paramos en Tábara, onde realizamos a nosa particular homenaxe ó poeta León Felipe, co recitado dalgúns do seus poemas na Praza Maior. E visitamos a románica igrexa parroquial de Santa María, que foi levantada sobre o antigo mosteiro de San Salvador, que fora un scriptorium especializado na elaboración de códices iluminados, así durante o século X realizouse nel o códice coñecido como  o Beato mozárabe de Tábara.

RICARDO FRAZER: MAXIA E LITERATURA



O día 24 de outubro no auditorio Emilia Pardo Bazán de Sanxenxo RICARDO FRAZER ofreceunos a representación de dúas obras teatrais: ABBADON  a que asistiu alumnado de primeiro e segundo de ESO e MAGIA Y POESÍA GENERACIÓN DEL 27 para alumnado de cuarto de ESO e de 2º de Bacharelato.
O alumnado mergullouse nos textos literarios e deixouse seducir pola maxia disfrutando da música, da posta en escea e da interpretación. A valoración da actividade foi moi positiva. No é para menos é todo un luxo poder disfrutar destes acontecemento culturarais nos tempos actuais.
Esta actividade foi organizada desde a Biblioteca en colaboración co departamento de Lingua Castelá e o centro.

EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA DAS ACTIVIDADES REALIZADAS O CURSO 2013-14


Aquí vos deixamos unha pequena mostra das actividades realizadas no IES de Vilalonga durante o curso 2013-14 como viaxes, clubs de lectura, exposiciós realizadas no centro, concursos, etc.


Estrea d' "A esmorga"

O venres 21 de novembro estréase a versión cinematográfica d'A esmorga. É a primeira vez  que se roda en lingua galega por un director de cine galego. 





A borracheira máis famosa de Galicia, a festa de 24 horas de Cibrán, Milhomes e Bocas, polas rúas de Auria (Ourense), da novela de Eduardo Blanco Amor foi levada ao cine polo director Ignacio Vilar. É a segunda adaptación cinematográfica desta obra, a primeira foi realizada por Gonzalo Suárez. Quédavos aquí o enlace para poder desfrutar dela.

PODE ESTAR BEN!
XA NOS CONTAREDES!

GUSTAVO MARTÍN GARZO 28 JUN 2014

Pequeña crónica de una coronación

(Martín Garzo, nesta crónica, dío todo e faino tan ben!)

"Hay actos que bien podrían confundirse con funciones teatrales. Y al teatro acudimos, aun reconociendo su mentira, porque es allí donde reconocemos nuestros sueños, nuestras fantasías, nuestros deseos,"


En otro tiempo, tal poder dimanaba de la divinidad
la coronación del nuevo rey bien podría confundirse con una función teatral
“Los reyes, a los cuentos”
lo más hermoso sin duda eran las dos princesas
en ... hay tres millones de niños que viven en el umbral de la pobreza
¿Se dieron cuenta los que estaban allí?

(escritor)
Rb.

"Eu digo"



"Eu digo..." é unha creación nacida no IES Dionisio Gamallo de Ribadeo en reacción cómplice ó video anterior de "Ghalegho".  Ambos os dous son dúas reivindicacións necesarias das nosas variedades dialectais.

DOCUMENTAL: "CHIANDO"



Neste microdocumental o promotor de TWITTER EN GALEGO cóntanos como conseguiu sacar adiante a súa iniciativa, todo un exemplo do activismo persoal do que se nutre a nosa lingua para sobrevir no mundo das novas tecnoloxías.

Premio Nóbel 2014 de literatura



PATRICK MODIANO é o Premio Nóbel de Literatura 2014.

Este novelista francés de ascendente xudeu desenvolve na súa narrativa os temas da memoria e a culpa, e para moitos está a escribir sempre a mesma novela, na que retrata a perfección a Francia da ocupación nazi.


Autor de novelas curtas, pero de grande intensidade narrativa. Cos seus 28 libros publicados xa contaba cos grandes premios da narrativa francesa. Premio de novela da Academia Francesa (1972) por Les Boulevards de Ceinture (Los bulevares periféricos), o prestixioso Goncourt (1978) por Rue des boutiques obscures (Calle de las tiendas oscuras)  e o Grande Premio Nacional das letras polo conxunto da súa obra (1996), traducida a 36 idiomas.


Na nosa biblioteca contamos con dúas das súas obras: Un pedigrí e Villa triste. En breve, esperamos ampliar o fondo bibliográfico deste autor.

"Casablanca", un clásico do cine.



"Sempre nos quedará París" e "Tócaa outra vez Sam", dúas frases que saíron da película Casablanca e perviven na nosa fraseoloxía cotiá.




Unha película que tes que ver e podes atopar na nosa biblioteca.

"O meu amigo Nietzsche"


Unha curta para comezar o curso con gañas de aprender e buscar na lectura o medio para superar calquera tipo de conformismo cunha realidade que nos pode ser adversa.

Orixinais autorretratos

o

Agora que vivimos no mundo dos autorretratos, selfies para máis datos, non está de máis pararnos a mirar estes moito máis artísticos, que realizaron os nosos alumnos de 4º de ESO nas clases de plástica e cos que pechamos o curso pasado as exposicións no centro.

"Viaxeiros na rúa"

Viaxeiros na rúa. IES VEncina (Ponferrada) from Comisión Cultural M. Sarmiento on Vimeo.

Este é o vídeo gravado polo alumnado do IEs Virxe da Encina de Ponferrada co cal estivemos a nos cartear este curso, onde nos explican a súa experiencia co Programa de galego no ensino  desde diversos puntos de vista ( alumnado, profesorado, pais e nais) para conmemorar os 12 anos de implantación do ensino da nosa lingua na comarca do Bierzo.


Intercambio epistolar en galego con Ponferrada





Aquí non cabiamos  todos na foto dentro da biblioteca.





Aquí aínda nos estabamos a colocar.




E por fin, estamos todos  na foto con profe incluída.


O alumnado de 1º de ESO e 4º de ESO do noso centro realizou un intercambio epistolar en galego co IES Virgen de la Encina de Ponferrada durante este derradeiro trimestre escolar. A experiencia estivo coordinada pola profesora de lingua galega Susana Vázquez Recarey e unha profesora  deste centro bercián. 

Consideramos que foi  unha actividade moi interesante, ata o punto de que tivemos que esperar ata a última carta para que o noso alumnado non lles dese o seu nome e enderezo completo para contactar con eles por outras medios. Tentaremos repetila se nos é posible, cando poidamos publicaremos aquí o enlace do vídeo que realizou o alumnado dese instituto para conmemorar os anos que levan a impartir  a materia de lingua galega como optativa. 

Exposición de Luís Davila (O Bichero)

 

Durante a segunda quincena do mes de maio e este mes de xuño contamos no noso centro coa exposición de viñetas do debuxante LUÍS DAVILA, O BICHERO. O autor coñecido por publicar diariamente unha viñeta de humor, moi moi galego no Faro de Vigo, vén tamén de publicar o seu libro O Bichero, menudo día

Contamos con esta exposición grazas á inestimable colaboración do IES Armando Cotarelo Valledor de Vilagarcía, que nola cedeu amablemente. Foi un éxito entre profesorado e alumnado. Os rapaces de 1º de ESO estiveron a traballar nela, describindo estas viñetas de grande retranca galega nos seus cadernos e estudando a linguaxe da banda deseñada, que xa viran ó preparar os seus traballos para o concurso de cómic que leva  á publicación da revista Enórmic Banda.



PRESENTACIÓN DO NÚMERO 15 DE "ENÓRMIC BANDA"



Hoxe, 5 de maio, tivo lugar a presentacción no IES Ramón Cabanillas de Cambados da revista de cómic ENÓRMIC BANDA, na súa décimo quinta edición. Este ano no noso centro tivemos un alto número de premiados, cinco en total, o máis elevado de todos os centros que forman parte da Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística do Salnés.

Os nosos premiados foron: LUIS IGLESIAS OTERO coa súa obra "Civilización", JOSE PAZOS MOHRI con "Galeghome",  DAVID GÜIMIL VÁZQUEZ co "Desexo", LUCÍA PÉREZ GONZÁLEZ con "Wertesplandor" e ANA OTERO GÓMEZ con "Castelao".  Á vista dos seus títulos podedes comprobar como o noso alumnado desenvolveu un amplo labor crítico cunha ollada aguda da nosa realidade social moi de perto. O que demostra que non viven alleos ós cambios que se están a producir na nosa sociedade.

No acto de presentación da revista contouse co autor do limiar Francisco Fernández Rei, profesor da Universidade de Santiago de Compostela, que nos falou sobre os novos falantes do galego procedentes doutros países e as múltiples traducións que fan ó xaponés, ou o ruso, entre outros idiomas, da nosa literatura. Tamén estivo presente a pintora autora da portada e contraportada Emérita Méndez. E finalizamos o acto, despendindo ó coordinador Xabier Camba, ó que agradecemos o seu gran traballo durante estes case vinte anos á fronte desta coordinadora comarcal.

El escritor irlandés John Banville, Premio Príncipe de Asturias de las Letras 2014


  El escritor irlandés John Banville, de 68 años, se ha convertido este miércoles en el nuevo Premio Príncipe de Asturias de las Letras, según decisión del jurado reunido en Oviedo que lo premia por "su inteligente, honda y original creación novelesca" y, "a su otro yo", Benjamin Black -el pseudónimo que utiliza para escibrir novela negra-, por sus "turbadoras y críticas novelas policiacas". Banville se ha impuesto a otros 23 candidatos, entre los que también sonaban como favoritos el japonés Haruki Murakami y el novelista inglés Ian McEwan.

   "La prosa de John Banville se abre a deslumbrantes espacios líricos a través de referencias culturales donde se revitalizan los mitos clásicos y la belleza va de la mano de la ironía. Al mismo tiempo, muestra un análisis intenso de complejos seres humanos que nos atrapan en su descenso a la oscuridad de la vileza o en su fraternidad existencial", señala el jurado en su acta.

Maestro de la novela negra

Nacido en Wexford (Irlanda) en 1945 y maestro de la novela negra, este escritor irlandés está considerado como uno de los grandes de la literatura contemporánea y muchos críticos lo definen como "el heredero natural" de Nabokov.






Ricardo Rodiño premiado en concursos literarios dentro e fóra do centro



Ricardo Rodiño  Balboa é un alumno de 2º de bacharelato, 
que leva colleitando premios literarios nos nosos concursos
 desde que está no centro. Agora tamén podemos presumir
de que os seus traballos son premiados fóra del.

Aí vos queda a nova, reflectida na Voz de Galicia do venres 30
de maio, coa noticia do seu premio no certame de relato 
curto convocado pola Federación Provincial de Pais e Nais.

Foto do Faro de Vigo







Os mellores relatos, en familia

O Pazo da Cultura acolleu a entrega dos premios do certame de relato curto

convocado pola Federación Provincial de Pais e Nais


O Pazo da Cultura acolleu onte a festa da creatividades coa entrega dos premios da segunda edición do certame de relato curto convocado pola Federación Provincial de Pais e Nais de centros públicos de Pontevedra. Sen dubida, este concurso cumpriu os seus obxectivos de fomentar a creatividade dos rapaces, potenciar a expresión e comprensión escrita e estimular o uso do galego nas familias. Iso salta á vista ao comprobar a alta participación que tivo este concurso con 445 relatos presentados. Como sempre, os mais pequenos foron os máis comprometidos, xa que a categoría de primaria foi na que competiron maior número de traballos, seguida da de secundaria e con menos participación a de adultos e de bacharelato.
Do que se trataba era de traballar pola lingua en familia, de aí a participación dos adultos que conviven cos escolares, pais ou profesores. As autoras e autores finalistas, 100 en total, recibiron un libro publicado pola editorial Kalandraka con cada un dos seus relatos. E de entre eles o xurado nomeou un gañador en cada categoría. Un duro día no salvaxe Oeste, de Miguel Bouzas Rodríguez, do CEIP Cabanas, foi o galardoado en Primaria. En Secundaria o premio foi para Eugenia García Magaña, do IES Alobre de Vilagarcía, polo relato Quen di adeus non verá o mañá. En Bacharelato gañou Ricardo Rodiño Balboa, do IES Vilalonga de Sanxenxo, co seu relato Memorias de guerra. E na categoría de Adultos, o premio foi para Agás, de Roberto Antón Santiago, do CEIP Álvarez Limeses de Pontevedra. Ademais da publicación dos seus relatos, todos eles recibiron un vale de 200 euros, un lote de libros de Kalandraka e unha lámina autenticada polo ilustrador Pablo Otero. Nesta festa da creatividade en familia participaron os concelleiros de Normalización Lingüística e de Educación, Demetrio Gómez e Agustín Fernández, xunto coa diputada Ana Isabel Vázquez, en representación das entidades colaboradoras, Concello e Deputación.
O mal tempo impediu que a homenaxe a primeira directora da antiga Escola Normal de Maxisterio de Pontevedra, Ernestina Otero, se celebrase onte diante do edificio de ladrillo vermello da Alameda que fora sede de este centro. O paraninfo do Instituto Valle Inclán acolleu finalmente este emotivo acto, no que participaron familiares, representantes das institucións públicas, encabezados polo alcalde Fernández Lores, e unha chea de xente do mundo do ensino. Foi un merecido recoñecemento a unha defensora da liberdade e da renovación do ensino público, que estivo moi vinculada a esta cidade. Esta homenaxe serviu de antesala do segundo Simposio Memoria de Mulleres sobre A escola represaliada e resistente, que se celebra hoxe e mañá na Casa das Campás, coa participación de diferentes especialistas. Os relatorios centraranse no compromiso das mulleres educadoras coas futuras xeracións. Na primeira xornada intervirán Anxo Porto Ucha e Raquel Vázquez Ramil.

Traballamos a figura de X. Mª Díaz Castro

Grupos de alumnado de 1º de ESO procurando información sobre o homenaxeado das Letras Galegas 2014: 

XOSÉ MARÍA
                   DÍAZ CASTRO

D' "A praia das palabras" a "Libros coma area"



O  día 22 de maio, como xa fixemos en anos anteriores, clausuramos o ano lector cunha viaxe pola Costa da Morte: a primeira parada foi na fermosa vila de Muros, dirixímonos logo a Carnota para coñecer o piorno; baixo a sombra do Pindo chegamos ao Ézaro  e desfrutamos da impresionante desembocadura en fervenza do Xallas; no IES Agra de Raíces agardabanos o cálido recibimento do clube de lectura "Libros coma area", contaronnos as súas lendas, escoitaron as nosas e celebraron con nós un especial "cumpreanos lector". Xa pola tarde achegámonos ao Finis Terrae para coñecer a nosa particular  fin do mundo e á vila e faro de Finisterre. Moitas grazas a Manuel Carande, a Susana e a Esperanza por recibirnos.



PREMIADOS. CONCURSO DE POESÍA IES VILALONGA. CURSO 2013-2014




1º PREMIO. CATEGORÍA ESO:

PAXARIÑOS

Eu teño un paxariño
Que é moi feitiño

A súa cor amarela
Brilla coma un estrela

Eu doulle de comer
Eu doulle de beber
E de vez en cando
Tamén falo con el

O seu alegre chiar
A todos lles gusta escoitar

O meu paxaro esta só
Por iso lle vou buscar
  
Unha compañeira pra o acompañar
Encontrei unha ben guapa

E leveilla pra a casa
El ó vela aparvou

E desde entón mudo quedou
Agora nin canta nin pía

E aparvado pasa todo o día.



                                                                          ADRIÁN AGRASO 1º ESO C



2º PREMIO CATEGORÍA ESO:                                                                                                        


UN NADAL CHEO DE HISTORIAS


Vilalonga comeza nun Nadal cargado de historias
historias de almas, historias que choran,
historias que xiran arredor dunha bola
unha bola máxica con galegos que festexan unha vida nova.

Agasallos que se esconden detrás dunha árbore
unha árbore triste sen vida e sen ánimo
que garda segredos sen ser acendida
que ao final alguén virá a acendela o gran día.

Comeza decembro un ano con vida
un ano onde o pobo mostra sorrisos,
sorrisos que xuntan familias con outras
tamén hai finais dun Nadal que rompen historias.

Hai amores que se xuntan
que viven nun paraíso
que choran, que rin
e que rematan cun final tristísimo.

Sorrisos dos nenos que se senten ao lonxe
que xogan e disfrutan correndo e cantando
pero tristes se poñen cando chega a escola
e os nenos protestan porque se acaban as historias.

O Nadal é un soño fermoso
que te namoras e te perdes
que sofres e queres
e tamén que queda na memoria de todos aqueles.



                                                                                               ISABEL GARRIDO MUÑOZ  2º ESO B



1º PREMIO. CATEGORÍA BACHARELATO:


Ti. Eu. Nós.
Fronte a fronte.
Corpo espido ante corpo agochado.
Vida incorrupta ante a corrupción da vida.

Eu devezo por prender por sempre
A inocencia no teu mirar.
Ti xogas,
Irreverente,
co legado que os anos deixaron na miña pel,
na túa pel.

Ámote pola túa inocencia
e desprézote polo que representas.
Porque eu afundo e ti emerxes;
porque o teu abrir é o meu pechar,
son a cara e a cruz dunha moeda que me condena.

E ante todo,
Meu neno,
Envéxote.
Envéxote por ser o comezo do meu fin.
   Ti. Eu. Nós.
                                                                                                                                   
 Sara Martínez García.

1º BACH A. 


2º PREMIO.CATEGORÍA BACHARELATO:



TIC TOC
Tic toc, tic toc.
Dous minutos.
Ano novo nun sen tres.

Tic toc, tic toc.
Tan só un neno da teta
Fai dez anos inda era.
Agora só penso na maleta.

Qué meto? Que levo?
Non importa. Nova vida.
Lonxe, máis non hai remedio.
Eu fágoo pola familia.

Non dexesaba isto,  
Pero obrigoume o estado.
Tomoume de improviso,
Todo por estar parado.

Destino: Bos Aires.
Sigo os pasos do avó.
Naqueles tempos de crise
Que retomaron de novo.

Tic toc, tic toc
Cincuenta segundos,
Pronto será a partida
Revivindo aqueles tempos.

Tic toc, tic toc.
Non me poño alterado
Sei que todo comezo
ten un final mellorado.

DAVID GÜIMIL VÁZQUEZ. 1º BACH. B.



LIBROS:


O PRINCIPIO E O FIN

Llanto unha vez máis.
É o principio da vida,
O LLANTO.
Durmir, comer,soñar, CHORAR,
Nada máis.
É a infancia do afortunado.
Falar, rir, disfrutar, CHORAR,
é máis que unha simple adolescencia.
Oh! E chega o amor,
ese primeiro amor que te cega,
toléate,  faite sentir,
é único, irrepetible.
El marca,si marca, marca
ben fondo, tan fondo que doe.
para algúns este será
o principio do amor.
Para outros … a FIN.
O amor nunca xamais correspondido.
O LLANTO de novo, o LLANTO sempre.
Sorí dinche, continúa dinche,
Es nova dinche.
Máis non é fácil.
Porén ti falo.
Falo?
Continúas a vida erguéndote.
Sentes o recordo pasado,
pésache.
DOE, DIOS, DOE.
PASARÁ?
Non. Agocharalo.
Ese pasado xa é lonxano.
Séntela vellez, na alma, no corpo.
Máis a DOR non remite, permanece,
Ánclate. Non hai avance.
A MORTE está cerca, si,
A FIN da DOR, pensas.
Invádete o FRÍO, sonríes.
Logo CHORAS, o LLANTO xa non parará.
SOA, estás SOA, abandonada,
sen AMOR, sen alma.
Só o LLANTO.
É a fin.

A LUZ. Un inicio.
Un nacemento, outro LLANTO.
Entón alguén DESEXA.
O PRINCIPIO E A FIN DO LLANTO,
Decidiralo ti, só ti.
So existirá
O AHORA.
SI, quizais sexa así.
A FIN DO LLANTO

PATRICIA PÉREZ DOMÍNGUEZ. 2ºBACH. C.




Al cerrar los ojos todo es confuso.
Azul, blanco, calor, color, sonrisas…
Sólo recuerdo aquellos ojos sin prisas,
Ojos grandes, profundos incluso.

Echo de menos su cálido aliento
Que en sueños me sigue, busca y atrapa.
Supongo que todo lo bueno escapa,
Como sus promesas, cenizas al viento.

Vete, fuera ya de mi vida tía.
Ya no te necesito, adiós de veras.
Déjame sólo con la poesía.

Te quise y te quiero, ¿no te enteras?
Eres parte de mi día a día pero…
vete, para qué quiero más quimeras…

RICARDO RODIÑO BALBOA
2º BACH B





Nese instante
no que me ollei nos teus ollos
Nese momento
no que deixei de respirar.
Nese intre sentinnos eternos.
Nese momento
no que os teus beizos pararon a terra.
Nese instante
no que o tempo deixou de contar.
Nese intre sentinnos eternos.
Mais agora marchas, meu amor
e, como o paxaro necesita o aire;
eu necesito a túa calor.
Neste 14 de febreiro fáltame a túa voz.
Mais agora que decides marchar,
fáltanme as túas caricias
fáltame o teu mirar.
Neste 14 de febreiro, pérdome sin o teu ollar.
Espérote nalgún lugar descoñecido,
e nalgún lugar que descoñezo,
onde volverei a sentarte comigo,
onde o noso amor non se perda ao esquezo.
E só nese intre,
no que me volvan bicar os teus beizos
no que me volvan mirar os teus ollos
só nese intre, volverei a sentirnos eternos.


LARA TRONCOSO 4º ESO B.






NOELIA GONDAR MONTERO. 1º ESO C.