Enredando versos en SALAMANCA

Barrio do Oeste. Salamanca 2014. Alumnado dos centros de Vilalonga e Tui.

O 13, 14 e 15 de novembro viaxamos a Salamanca co alumnado de 3º e 4º de diversificación e o club de lectura de 3º de ESO. Nesta actividade do grupo ENREDANDO VERSOS tamén participaban outros cinco centros de Pontevedra: IES de Sanxenxo, IES de Poio, Porriño e Tui e un centro de Portugal: Macedo dos Cavaleiros.
 

Alumnado de Vilalonga pintando no Barrio do Oeste
O primeiro día paramos en Zamora a comer. Xa en Salamanca visitamos a librería Hydria e á noite realizamos un recital da man do poeta Raúl Vacas e o cantautor, Fernando Maés.
Exemplo de Urban Knitting.

Os seguintes días visitamos a biblioteca municipal G. Torrente Ballester e realizamos un obradoiro poético con Raúl Vacas e unha charla ornitolóxica con José Luis Moreno "Pájaros en la cabeza". 

Fixemos un roteiro guiado por Salamanca e visitamos o Museo de Arte Contemporáneo. Pero, sen lugar a dúbidas, o que máis lle gustou ó noso alumnado foi a visita ó Barrio do Oeste en Salamanca, onde puidemos gozar da súa arte urbana  pola rúa. Alí quedou a nosa pegada como podedes comprobar  na foto. Puidemos tamén contemplar as numerosas invervencións urbanas de urban knitting e déronos a coñecer de cerca o seu intenso labor da súa asociación veciñal,   Zoes. (Trátase non só de embelecer o barrio, senón tamén de dinamizalo con actividades culturais e deportivas.)

De volta á casa paramos en Tábara, onde realizamos a nosa particular homenaxe ó poeta León Felipe, co recitado dalgúns do seus poemas na Praza Maior. E visitamos a románica igrexa parroquial de Santa María, que foi levantada sobre o antigo mosteiro de San Salvador, que fora un scriptorium especializado na elaboración de códices iluminados, así durante o século X realizouse nel o códice coñecido como  o Beato mozárabe de Tábara.

Ningún comentario:

Publicar un comentario