REMATOU O CURSO!

Que cousas! Cando comeza o curso parécenos que o mes de xuño queda moi lonxe (e é certo) pero logo, cando chega o derradeiro día de clase, a sensación é que pasou moi rápido. O certo é que pasamos nove meses a traballar (uns máis que outros) e quixemos despedirnos con música, entrega de premios literarios organizados pola biblioteca e a actuación do monologuista e actor Cándido Pazó.
Aquí vos deixamos unha pequena mostra do inxenio e do saber facer de Cándido Pazó e algunhas fotos dos nosos alumnos e alumnas que nos deron un concerto cun repertorio de música clásica e moderna.






Ningún comentario:

Publicar un comentario