Facendo Ioga en 1º de bacharelato

O alumnado de 1º de bacharelato estivo a facer ioga na materia de Educación Física e praticando o "saúdo ao sol". Unha actividade na que tiveron que  fotografíarse para analizar a corrección das súas posturas ou asanas fomentando a actitude crítica afin de mellorar os resultados. Os carteis resultantes deste traballo están expostos no hall do instituto.





O saúdo ao sol está considerado como un dos exercicios de ioga mais completos que hai xa que combina as principais posturas coa respiración consciente deixando corpo e mente relaxado para comenzar as actividades cotias. Foi concebido para desenrolar a flexibilidade e a potencia muscular .

Si vos sentides estresados e non tedes moito tempo ou ganas de facer exercicio o saúdo ao sol é unha das solucións mais prácticas: podes facelo na casa ou onde ti queiras, é gratis e só tardarás uns 10 minutos. Probade en época de exámenes, para durmir mellor ou porque senta tan ben que vale a pena.


Din que o mellor momento para facer o saúdo ao sol é xusto despois de erguerse (por algo se chama saúdo ao sol) nun lugar no que ninguén te distraiga. Si nunca practicaches o ioga pode que non te resulten moi fáciles as posturas pero pouco a pouco o teu corpo se fará mais forte e flexible.

No artigo de Miguel Angel Bargueño Siete cosas que no sabía del yoga do xornal O País podedes atopar mais información.

           

Ningún comentario:

Publicar un comentario