A campaña para prohibir as armas nucleares, premio Nobel da Paz 2017

 


O premio recaeu no  ICAN (Campaña Internacional para abolir as armas nucleares) que se esforzou por estigmatizar, prohibir e eliminar as armas nucleares.
Esta coalición de asociacións que se estende por uns cen países foi unha forza motriz e un actor líder da sociedade civil do movemento contra as armas nucleares e sumou esforzos para estigmatizar, prohibir e eliminar este tipo de armamento, apunta a argumentación do premio.
O Comité subliñou, como importante argumento para a prohibición das armas, o inaceptable sufrimento humano que provocan e destacou que outros tipos de armamento menos destrutivo como as minas antipersonas, bombas de acio e as armas químicas e biolóxicas xa foron prohibidas por distintos tratados.
 

O galardón chega no medio de tensións entre Estados Unidos e Corea do Norte polas súas probas nucleares e as críticas de Trump ao acordo con Irán

Ningún comentario:

Publicar un comentario